lunes, 5 de octubre de 2009

A Enerxía Nuclear



Hoxe en día a maioría da enerxía que empregamos , obtense das enerxías fósiles , as cales na súa extracción y transformación irradian grandes cantidades de CO2 á atmosfera sendo muy perigoso para a vida na terra , xa que ao longo do tempo o cambio climático cada vez será máis esaxerado afectando gravemente á nosa vida e á de todo o que nos rodea.

Unha pequena porcentaxe da enerxía que recibimos é das fontes renovables , como a eólica , a solar , etc. Estas enerxías non contaminan a atmosfera , per non son suficientes para toda a terra. Polo tanto o que deberíamos facer é empregar un pocuo das dúas , sempre e cando a cantidade das enerxías fósiles diminúa e así non contamine tanto.

A enerxía nuclear é unha boa solución , xa que produce grandes cantidades de enerxía que garantizan o suministro eléctrico necesario e non emite gases de efecto invernadoiro, polo tanto non contamina e e´a solución ao cambio climático. Algunhas ventaxas a parte das anteriormente citadas son que reduce a dependecia do exterior de petroleo do país , teñen as instalacións industriais mellor protexidas , estas centrales xeran empleo e riqueza na zona , é unha enerxía barata , o uranio é un combustiblo moi abundante , esta enerxia é renovable , sostenible e moi eficiente , etc .

Pero por outra parte teñen inconvenientes tales como o perigo dun escape nalgunha central que podería producir grandes estragos na zona como ocurriu en hiroshima , xa que aínda que as centrales sexan das máis protexidas sempre cabe a posibilidade de que haxa aunha fuga e isto conleva ao problema de onde construír as centrales , xa que ninguna cidade nin pobo permitirá que a constrúan cerca deles. Logo ,tamén está o problema de qué facer coas grandes cantidades de residuos radioactivos que se producen coa fusión do núcleo dun átomo , e esta radioactividade emitirase durante miles de anos , pódelle producir cánceres de pulmón aos traballadores das minas que extraen o uranio , en pucos lugares hai urnio o suficientemente concentrado como para que a súa extración resulte económicamente rentable , etc.


Esta enerxía é aínda un grande dilema , porque aínda que ten moitas ventaxas , os seus inconvenientes son importantes e hai que telos sempre presentes.

E agora ... que opinas ti???



att : LucHii ,, ]